Get Adobe Flash player

Cursos do Programa Actívate 2011

introducción

Leer el resto de esta entrada »

Manifesto do 8 de marzo “DÍA INTERNACIONAL DA MULLER”

Cartel 8 de marzo Dia Internacional da Muller Traballadora

Cartel 8 de marzo Dia Internacional da Muller Traballadora

O 8 de marzo mulleres e homes conmemoramos os esforzos que ao longo da historia as mulleres veñen realizando para acadar a igualdade, a xustiza, a paz e o desenvolvemento.

 

Esta loita foi liderada dende todos os ámbitos por mulleres, que tomando conciencia da súa situación, actuaron reivindicando unha transformación real das relacións, estruturas e institucións que perpetuaban a súa subordinación. Estas protagonistas da historia son invisibles para a maioría de nós, non se estudan nos centros educativos, non se mencionan nos tratados científicos , seguen sen formar parte do legado sociocultural dun pobo, da súa memoria histórica.

O “Día Internacional da Muller “ representa o recoñecemento dos logros acadados, pero tamén a denuncia pública das situacións que continúan fomentando as desigualdades entre ás mulleres e os homes. É obrigado destacar que neste momento de crise económica global o colectivo que ten máis dificultades para saír da situación de precariedade laboral son as mulleres, as cales viñan historicamente padecendo as consecuencias dunha sociedade androcéntrica. Non nos debemos esquecer de esixir a
toma de conciencia da situación real da muller cando se adopten medidas de calquera tipo para paliar as consecuencias da crise.

Os datos revelan a obrigatoriedade dos poderes públicos de garantir o acceso e a participación equlibrada de mulleres e homes nas diferentes esferas e actividades da nosa sociedade, evitando así que no século XXI teñamos que seguir reivindicando un mercado laboral igualitario, unha educación non sexista, o reparto de responsabilidades no fogar, melloras na conciliación da vida persoal, familiar e laboral, a participación das mulleres nos órganos de toma de decisións e a erradicación total da violencia de xénero.

Un 33,1% das mulleres continúan elixindo traballos a tempo parcial para atender as obrigas familiares fronte ao 3,8% dos homes, a realidade mostra a falla de recoñecemento do traballo doméstico o cal se adquirise o mesmo valor económico que o traballo remunerado aumentaría o produto interior bruto nun 123,6%.

A conmemoración do “Día Internacional da Muller” representa o compromiso responsable e a vontade colectiva de procurar a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes, principio do ordenamento xurídico recoñecido constitucionalmente.

Polo tanto, declaramos o noso compromiso de aplicar a transversalidade de xénero en todas e cada unha das nosas actuacións, destacando a importancia da aplicación do Plan Municipal de Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes e a consolidación de servizos e organismos que traballan nesta área.

Actos conmemorativos do Día da Muller

“MULLERES FORMANDO PARTE DA HISTORIA”

Os actos de conmemoración comezarán ás 11.00 da mañá do día 8 de marzo coa lectura dun manifesto, que será presentado ao Pleno da Corporación.

A continuación contarase coa testemuña de mulleres maiores que relatarán as súas experiencias vitais. Neste acto colabora a Residencia da Terceira Idade de Marín.

Aquelas persoas que o desexen poderán  deixar constancia gráfica do día coa participación na decoración de camisetas plásticas con frases ou debuxos libres sobre a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes . As camisetas serán colocadas en tendais nas rúas do municipio.

Os homes que asistan ao acto serán agasallados con mandís para fomentar a corresponsabilidade no fogar e as mulleres  con emblemas relacionados co día.

Completarán os actos a exposición da Mostra de fotografías “Mulleres. Formando parte da historia” a disposición dos centros educativos do municipio e a elaboración dos carteis coas enquisas realizadas ao alumnado de secundaria de Marín  sobre a valoración da muller.

Presentación da Pulseira da Igualdade deseñada pola Concellería de Igualdade para sensibilizar á poboación da necesidade de eliminar todo tipo de discriminación.

Os actos terán lugar na Praza 8 de Marzo.

Exposición ”Guía dunha boa esposa” 1950

guia de la buena esposa

guia dunha boa esposa

Documento gráfico que representa o rol tradicional das mulleres no ano 1950, a través de directrices concretas sobre o traballo no fogar, o coidado das fillas e fillos, a atención ao esposo e o seu aspecto físico.

A exposición estará localizada na casa principal da Finca de Briz.

Mostra de Fotografías “Muller e deporte. XIX-XX”

Suzanne Lenglen

Suzanne Lenglen

Un percorrido fotográfico polas diferentes disciplinas deportivas en clave de muller nos séculos XIX e XX.

Será colocada nas marquesiñas de Marín.

 

Canal Muller en Youtube
Canal Muller en Youtube
Punto de Información Sexual de Marín
Teléfono da Muller

900 400 273
24 hs
Gratuito / Anónimo

CIM Marín en Facebook

Foro do CIM